O Dépor volve a Primeira. Pero a verdade é que nunca marchou ❤️💙
Hai camisetas que viviron os días máis grandes. Outras estiveron aí cando máis facía falta crer. Algunhas chegaron hai décadas. Outras acaban de comezar a escribir a súa historia. Pero todas forman parte do mesmo. Dunha paixón que pasa de xeración en xeración. Dunha cidade que nunca deixou de sentir estas cores. De milleiros de persoas que estiveron en cada paso do camiño. Porque o Dépor é moito máis ca un equipo. É memoria. É orgullo. É identidade. É a emoción dos que estiveron, dos que están e dos que virán. E hoxe, despois de tanto esforzo, de tanta espera Volvemos a Primeira. Porque as historias que de verdade importan nunca rematan. E a nosa... continúa. Forza Dépor.